CIUDAD SIN SUEÑO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

CIUDAD SIN SUEÑO (2025) + PRESENTACIÓN

Guillermo Galoe

España, Francia / 97 min / Ficción / Castelán

Ficha artística:

Antonio Fernández Gabarre, Bilal Sedraoui, Jesús Fernández Silva, Luis Bertolo

Ficha técnica:

Guión: Guillermo Galoe, Víctor Alonso-Berbel

Fotografía: Rui Poças

Edición: Victoria Lammers

Produción: Lina Badenes, Manuel Calvo, David Casas Riesco, Marisa Fernández Armenteros, Marina García López, Inbar Horesh, Alex Lafuente, Antonello Novellino, Justin Pechberty, Anne-Dominique Toussaint

Sinopse:

Toni ten 15 anos e vive en Cañada Real, o asentamento irregular máis grande de Europa, nos arredores de Madrid. Orgulloso de pertencer á súa familia de chatarreiros, pasa os días xunto ao seu avó, ao que admira e segue a todas partes. Pero as máquinas de demolición achéganse á parcela na que vive e ameazan con arrasar todo o que coñecen. O seu avó négase a marchar, custe o que custe. Nesas escuras noites sen electricidade, as lendas da súa infancia empezan a sentirse máis reais que nunca. Mentres todo muda ao seu arredor, Toni debe elixir: enfrontarse a un futuro incerto ou aferrarse a un mundo que está a piques de desaparecer.

Guillermo Galoe é un cineasta madrileño cunha ollada firme sobre a realidade social, a memoria e as marxes urbanas. No 2016 o seu documental Frágil equilibrio gañou o Premio do Público no IDFA e o Goya ao Mellor documental.  A súa curta Aunque es de noche foi seleccionada para a Palma de Ouro en Cannes, gañou o Goya á Mellor Curtametraxe de Ficción e formou parte da Selección Oficial dos César 2025. Outra das súas curtas, Lo-Tech Reality (2022), resultado da colaboración co colectivo Underground Resistance, foi seleccionada para os festivais ZINEBI e o Ann Arbor. En 2020 Guillermo Galoe recibiu o Premio Princesa de Xirona das Artes e as Letras. Ciudad sin sueño é a súa primeira longametraxe de ficción e foi estreada na Semana da Crítica de Cannes. 

 

Premio SACD ao Mellor Guión na Semana da Crítica de Cannes 2025

Mención especial do xurado no Festival Internacional de Cine de Bruelas 2025

 

Duración: 
97 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Luns, 10 Novembro, 2025
19:45
Teatro Principal
MULTIMEDIA

Trailer de Ciudad sin sueño (HD)