CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
CIUDAD SIN SUEÑO (2025) + PRESENTACIÓN
Guillermo Galoe
España, Francia / 97 min / Ficción / Castelán
Ficha artística:
Antonio Fernández Gabarre, Bilal Sedraoui, Jesús Fernández Silva, Luis Bertolo
Ficha técnica:
Guión: Guillermo Galoe, Víctor Alonso-Berbel
Fotografía: Rui Poças
Edición: Victoria Lammers
Produción: Lina Badenes, Manuel Calvo, David Casas Riesco, Marisa Fernández Armenteros, Marina García López, Inbar Horesh, Alex Lafuente, Antonello Novellino, Justin Pechberty, Anne-Dominique Toussaint
Sinopse:
Toni ten 15 anos e vive en Cañada Real, o asentamento irregular máis grande de Europa, nos arredores de Madrid. Orgulloso de pertencer á súa familia de chatarreiros, pasa os días xunto ao seu avó, ao que admira e segue a todas partes. Pero as máquinas de demolición achéganse á parcela na que vive e ameazan con arrasar todo o que coñecen. O seu avó négase a marchar, custe o que custe. Nesas escuras noites sen electricidade, as lendas da súa infancia empezan a sentirse máis reais que nunca. Mentres todo muda ao seu arredor, Toni debe elixir: enfrontarse a un futuro incerto ou aferrarse a un mundo que está a piques de desaparecer.
Guillermo Galoe é un cineasta madrileño cunha ollada firme sobre a realidade social, a memoria e as marxes urbanas. No 2016 o seu documental Frágil equilibrio gañou o Premio do Público no IDFA e o Goya ao Mellor documental. A súa curta Aunque es de noche foi seleccionada para a Palma de Ouro en Cannes, gañou o Goya á Mellor Curtametraxe de Ficción e formou parte da Selección Oficial dos César 2025. Outra das súas curtas, Lo-Tech Reality (2022), resultado da colaboración co colectivo Underground Resistance, foi seleccionada para os festivais ZINEBI e o Ann Arbor. En 2020 Guillermo Galoe recibiu o Premio Princesa de Xirona das Artes e as Letras. Ciudad sin sueño é a súa primeira longametraxe de ficción e foi estreada na Semana da Crítica de Cannes.
Premio SACD ao Mellor Guión na Semana da Crítica de Cannes 2025
Mención especial do xurado no Festival Internacional de Cine de Bruelas 2025