ALGUÉN QUE RESPIRA! VIII FESTIVAL DE POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL
CITA NO AMBIGÚ · METAPOESÍA E AUTORREFERENCIA
Café-faladoiro con Arturo Casas e Carlos Lema
Que pasa cando a poesía fala de poesía? Dous dos escritores e ensaístas que máis cavilaron sobre a cuestión percorren para o festival as arestas deste volcán tan fecundo para a literatura desde hai un século