Cine-concerto: SON, MÚSICA E ACCIÓN!

Auditorio De Galicia
DATOS BÁSICOS

Recomendado para 1º e 2º Primaria

Unha nova proposta de cine-concerto artellada por Caspervek Trío, que xa participou nas dúas pasadas edicións do programa.

 

SON, MÚSICA E ACCIÓN! é unha actividade didáctica e participativa, cunha carga a partes iguais da música e a montaxe audiovisual, e a posibilidade de interacción constante do alumnado presente na sala.

A través de escenas de longametraxes de animación coñecidas polos nenos/as, misturadas con outros contidos máis relacionados co cine clásico e silente, o concerto fará un percorrido pola relación e nexo narrativo e emocional entre o son, a música e a imaxe, o concepto de “banda sonora” e a función da música en dous eixos principais: como localizadora espazo-temporal e como enfatizadora da acción na pantalla

Duración: 
1 h
Información da billeteira: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 17 Decembro, 2018
10:00
Auditorio De Galicia
Luns, 17 Decembro, 2018
12:00
Auditorio De Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia