CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
CHRONOVISOR (2026)
Jack Auen e Kevin Walker
Estados Unidos / 99 min / Inglés, francés, alemán, italiano
Ficha artística:
Anne-Laure Sellier, Nicholas Tebben, Nicole Dimbrowski Risser, Alex Kolodkin, José Pacheco de Almeida
Ficha técnica:
Guión: Jack Auen e Kevin Walker
Fotografía: Leo Zhang
Edición: Jack Auen e Kevin Walker
Produción: Jason Zuriff
Sinopse:
Béatrice Courte, unha académica francesa que investiga as teorías históricas da memoria, descobre o caso dun monxe beneditino que afirmaba ter inventado un dispositivo capaz de reproducir imaxes de calquera momento do pasado, incluída a crucifixión de Cristo. Obsesionada co enigmático aparello, Béatrice emprende unha investigación a través de bibliotecas e arquivos de Nova York, nun percorrido no que os límites entre historia, ciencia e ocultismo se volven cada vez máis difusos.
Jack Auen e Kevin Walker son un dúo de cineastas orixinarios de Baltimore e afincados en Nova York. Son membros do colectivo cinematográfico e produtora Cosmic Salon. Codirixiron curtametraxes como Marblehead (2021), premiada no Short Waves Festival, e Roundabout (2024). Chronovisor é a súa primeira longametraxe conxunta.