CINEUROPA
FAYE DUNAWAY: O TALENTO CONVULSO
CHINATOWN (1974)
Roman Polanski
Estados Unidos / 131 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Jack Nicholson, Faye Dunaway, John Huston, Perry Lopez, John Hillerman, Darrell Zwerling
Ficha técnica:
Guión: Robert Towne
Fotografía: John A. Alonzo
Edición: Sam O'Steen
Produción: C. O. Erickson, Robert Evans
Sinopse:
Jake Gittes, un detective privado especializado en infidelidades, é contratado por unha muller que afirma sospeitar do seu home. O que semella un caso rutineiro convértese axiña nunha complexa rede de enganos, conspiracións e poder, onde a auga, o deserto e o control político de Los Ángeles se entrelazan cun segredo familiar devastador.
Chinatown é unha das obras mestras do cinema dos setenta, que redefine o xénero negro desde a súa mirada máis amarga.
Mellor Guión Orixinal nos Óscar 1975
Mellor Película, Mellor Dirección, Mellor Guión, e Mellor Actor Principal na categoría de drama (Jack Nicholson) nos Globo de Ouro 1975
Mellor Dirección, Mellor Guión e Mellor Actor (Jack Nicholson) nos BAFTA 1975