CHIKAMATSU MONOGATARI / OS AMANTES CRUCIFICADOS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

AS COUSAS DO QUERER

CHIKAMATSU MONOGATARI / OS AMANTES CRUCIFICADOS (1954)

Kenji Mizoguchi

Xapón / 102 min / Ficción / Xaponés

Ficha artística:

Kazuo Hasegawa, Kyôko Kagawa, Yôko Minamida, Eitarô Shindô

Ficha técnica:

Guión: Yoshikata Yoda, Matsutarō Kawaguchi. Baseado na obra de Chikamatsu Monzaemon

Fotografía: Kazuo Miyagawa

Edición: Kanji Suganuma

Produción: Masaichi Nagata

Sinopse:

Baseada nun clásico do teatro xaponés do século XVIII, a película relata as inxustizas que sofren a muller dun fabricante de pergamiños de Kioto e o seu aprendiz despois de seren inxustamente acusados de malas accións. Unidos polo destino nun romance prohibido e condenado, foxen na procura dun refuxio ante o castigo que lles foi imposto: a crucifixión. Filmada cun estilo visual fermoso e pictórico polo mestre da fotografía Kazuo Miyagawa, esta delicada denuncia da opresión social foi cualificada por Akira Kurosawa como “unha grande obra mestra que só podía ter feito Mizoguchi.”

 

Duración: 
102 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convite


Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

INFO XERAL ENTRADAS

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Mércores, 12 Novembro, 2025
16:00
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

Chikamatsu Monogatari (1954) ORIGINAL TRAILER [HD 1080p]