CEREMONIA DE CLAUSURA + LE PROCÈS GOLDMAN/ O CASO GOLDMAN

DATOS BÁSICOS

Cineuropa despide a súa 37ª edición cunha cerimonia de clausura no Teatro Principal na que se darán a coñecer as persoas gañadoras dos premios outorgados polo xurado oficial e o xurado novo así como os premios do público. Tras a entrega de premios proxectarase o filme Le procès Goldman.

 

CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

LE PROCÈS GOLDMAN / O CASO GOLDMAN (2023)

Cédric Kahn

Francia / 116 min / Ficción / Francés

Ficha artística:

Arieh Worthalter, Arthur Harari, Stéphan Guérin-Tillié

Ficha técnica:

Guión: Nathalie Hertzberg, Cédric Kahn 

Fotografía: Patrick Ghiringhelli

Edición: Yann Dedet

Produción: Nathalie Dennes, Benjamin Elalouf, Cédric Kahn

Sinopse:

En 1975 celébrase o xuízo de Pierre Goldman, unha apaixonada e controvertida figura do activismo de esquerda revolucionaria. Culpado de numerosos cargos, Goldman proclama a súa inocencia nunha acusación de dobre asasinato. Vinte anos antes do caso de OJ Simpson, o xuízo de Goldman reflicte as tensións políticas, ideolóxicas e raciais que marcaron os anos 70 en Francia e Europa. Considerado daquela como o xuízo do século, dividiu a todo un país e ampliou a fenda entre a dereita conservadora e os intelectuais de esquerda.

Cédric Kahn (Crest, Francia). En 1991, tras dúas curtametraxes, dirixiu a súa primeira longametraxe, Bar des rails, seleccionada no Festival de Venecia. Tres anos despois, a súa segunda película, Trop de bonheur, foi seleccionada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes, onde obtivo o premio Jean Vigo. L’Ennui (1998), Roberto Succo (2001), Regrets (2009) ou Wild life (2014) son outros filmes da súa autoría.

Duración: 
115 MIN
Entradas: 

ENTRADA DE BALDE previa retirada de convites dende o xoves 23 ás 11 horas

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS E A RETIRADA DE CONVITES

Funcións: 
Sábado, 25 Novembro, 2023
21:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

LE PROCÈS GOLDMAN | Bande-annonce