CELEBRANDO BEGOÑA CAAMAÑO · 10 ANOS CON NÓS

DATOS BÁSICOS

Celebrando Begoña Caamaño, 10 anos con nós' é un acto organizado polo Concello de Santiago de Compostela para homenaxear a vida e obra da xornalista e escritora, falecida en Compostela en 2014. Programado o domingo 27 de outubro ás 18 horas no Teatro Principal, contará coa presenza de recoñecidas figuras da cultura como Ana Romaní, Andrea Nunes, Guadi Galego, Tero Rodríguez e Uxía que recordarán a autora a través dun percorrido pola súa carreira literaria e poética.

Un tema musical inédito "Morgana" composto por Uxia e Magín, inspirado no seu libro, a actuación conxunta de Guadi e Uxía acompañadas pola arpa de Bleuenn Le Friec e algún outro tema sorpresa comporán a parte musical.

Tero Rodríguez intrepretará "A voz de Morgana", un breve monólogo inspirado na personaxe creada por Begoña Caamaño "no que a palabra abre gabias e rebenta valos".

A entrada é de balde, previa retirada de convites que estarán dispoñibles dende este martes 22 na web de Compostela Cultura e no despacho de billetes da Zona C. Tamén se poderán recoller o propio día da homenaxe no despacho de billetes do Teatro Principal.

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
Info práctica: 
Domingo, 27 Outubro, 2024
18:00
Teatro Principal