SECCIÓN: 100 ANOS DE CINE ROMANÉS
Dirección: Șerban Marinescu
Romanía / 1993 / Longametraxe / Ficción / Romanés
Ficha artística
Ștefan Iordache, Gheorghe Dinică, Maia Morgenstern, Victor Rebengiuc, George Constantin.
Ficha técnica
Guión: Șerban Marinescu.
Fotografía: Călin Ghibu.
Música: Dan Stefanica.
Edición: Nita Chivulescu.
Sinopse
A película é a adaptación cinematográfica da novela homónima de Marin Preda, un escritor controvertido que morreu durante o réxime comunista pouco despois da publicación deste libro. Petrini, filósofo de profesión, é detido pola Securitate (a policía do réxime) na súa tranquila residencia e sometido a unha investigación por culpa dunha carta interceptada que un dos seus antigos compañeiros de facultade remataba cunha broma parva, habitual entre eles: “agardo ordes”. A experiencia de estar preso e, máis tarde, encerrado entre os muros igual de herméticos da “liberdade” amplían o horizonte filosófico do heroe.