CC_JULIÁN MAYORGA

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
Julián Mayorga

Tras sumar, durante 2019, un par de placas á súa discografía cos proxectos colaborativos Flash Amazonas (xunto ao xaponés Ryota Miyake) e Islas Atlánticas (con colombiano Andrés Gualdrón), Julián Mayorga volta cun novo EP de catro cancións. La fiesta de transmigración (2020) foi composto e gravado durante a actual corentena global. Desde o seu centro de operacións en Madrid, Julián ideou e produciu catro cortes musicais que resoan a cumbia vella e vallenato clásico, e que se mesturan co son particular e burlón que caracteriza os recentes traballos do sátiro ibaguereño.

Músico colombiano residente en Madrid. Emerxe da máis arriscada nova escena tropicalista latinoamericana. Recolle elementos da canción popular, a electrónica, o folclore colombiano e a psicodelia; todo no marco da experimentación.

Con letras surreais, cargadas dun alto grao de humor, poesía e sátira; Julián creou unha mitoloxía propia moi particular que foi consolidando a través da súa prolífica traxectoria, con máis dunha ducia de referencias que inclúen o sencillo Bill Clinton e os gatos, colaboración con Matías Aguayo e Lucrecia Dalt no marco da súa residencia na Red Bull Music Academy de Montréal que editou Crammed Discs en 2017.

Julián é habitual nas programacións de Sonar, abriu para Nicola Cruz, Xoél López, Laetitia Sadier (Stereolab) ou Romperayo  e alternou con bandas como Sigur Rós, Matmos ou Suzanne Ciani. Na súa proposta de directo conflúen os pasos de baile máis extravagantes da nova escea andina, excéntricas visuais animadas, loops producidos in situ, groove tropical, vocoders e guitarras psicodélicas.

Duración: 
90 MIN
Información da billeteira: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Xoves, 8 Outubro, 2020
22:00
Sala Capitol

UBICACIÓN