CC_ENCONTRO CON PROXECTA

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
Encontro PROXECTA CONSTRÚE: ‘Cultura 2021: e agora que?’

Nun panorama de cambios que modifican drasticamente e en tempos moi curtos as producións de festivais, as asociacións de profesionais amósanse como o futuro de cara ao deseño dunha política unificada. Desde hai un tempo os festivais véñense agrupando en diferentes colectivos, non só co obxectivo de  promover unha economía cultural máis xusta, senón tamén co de fortalecer unha cultura transversal entre diferentes axentes culturais. Este encontro contará con representantes dos festivais de cinema, de música e das artes escénicas que analizarán esta e outras problemáticas que afectan ao futuro do sector nos tempos de coronavirus.

 

Duración: 
60 MIN
Información da billeteira: 

Entrada gratuíta. Reserva de convite obrigatoria.

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Sábado, 10 Outubro, 2020
16:30
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

UBICACIÓN