CC_ENCONTRO CON CREA

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
Encontro con CREA: 'Creadorxs e festivais no século XXI? Propostas de futuro'

Unha reflexión arredor do ecosistema dos festivais de cinema deste século será o punto de partida dun novo encontro de CREA en Curtocircuíto. Este encontro busca dialogar e conversar sobre as relacións e conflitos das novas expresións cinematográficas. 'Creadorxs e festivais no século XXI? Propostas de futuro' propón unha ollada reflexiva a unha relación frutífera de preto de 20 anos. Participan Álvaro Gago e Aldara Pagán, modera Pablo Fontenla.

Modera: Pablo Fontenla
Participan: Álvaro Gago, Aldara Pagán

 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

Actividade gratuíta. Reserva de convite obrigatoria.

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Mércores, 7 Outubro, 2020
16:30
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

UBICACIÓN