CARTA BRANCA JOAN FONTCUBERTA

DATOS BÁSICOS

UNHA DIARREA DE IMAXES

Hoxe sentímonos arrastrados por un fluxo irresistible de imaxes. Se se permite a escatoloxía, sufrimos unha diarrea icónica. Internet supón unha billa á nosa disposición da que saen imaxes a esgalla. Esta abundancia desmesurada produce tanto atordamento como reacción crítica. Estimula, por exemplo, a emerxencia de creacións audiovisuais experimentais baseadas en puras secuencias de imaxes fixas. A formula non era descoñecida na historia do cine. O novidoso agora é que o retrato queda relegado pola sensación de estoupido. O tránsito dun fotograma a outro xa non pretende xerar movemento, senón vertixinosos contrastes. É o éxtase da cultura posfotográfica que implantou a poética do acceso e do exceso.

A programación desta carta branca é sorpresa.

 

JOAN FONTCUBERTA

Joan Fontcuberta (Barcelona, 1955) é artista, ensaísta, docente e comisario de exposicións. O seu traballo de creación mereceu exposicións monográficas no MoMA de Nova York (1988); o Art Institute de Chicago (1990); o IVAM de Valencia (1992); o MNAC de Barcelona (1999); ARTIUM de Vitoria (2003); Maison Européenne de la Photographie de París (2014); Science Museum de Londres (2014), e o Museo de Arte del Banco de la República de Bogotá (2016), entre outras.

Como docente foi profesor invitado en diferentes institucións internacionais como a Universidade de Harvard e Le Fresnoy. Centre National des Arts Contemporains, en Francia. Publicou numerosos libros de temáticas relacionadas coa historia, a estética e la pedagoxía da fotografía: os dous últimos son La furia de las imágenes. Nota sobre la postfotografía (Galaxia Gutemberg, Barcelona, 2016) e Revelacions (Arcàdia, Barcelona, 2019).

No 2013 Joan Fontcuberta foi galardoado co premio internacional da Fundación Hasselblad.  En España recibiu o Premio Nacional de Fotografía (1998) e o Premio Nacional de Ensaio (2011). No 2012 recibiu o Premio Nacional de Cultura Artes Visuales do goberno catalán e no 2016 o Premio Ciudad de Barcelona en Ensayo y Humanidades.

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Sábado, 5 Outubro, 2019
17:00
Teatro Principal