CARPE DIEM

DATOS BÁSICOS

PRODUCCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS

15 aniversario da compañía

EscenaGZ

Idade: adultos

Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC

Carpe diem é a atrevida tentativa de converter en teatro un dos máis excitantes contos de Rubem Fonseca, gañador do Premio Camões en 2003. A anécdota é cinematográfica: Unha muller e un home coñécense nunha previsible festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous son casados con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas da clase alta. A rutina dos amantes consiste en cinema
de barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente É unha aventura imaxinaria nun motel co ar condicionado avariado. Entre a fantasía do cinema e as obrigas conxugais desenvolvese este drama escaldante.

En palco aparecerán o autor, manipulando as súas pequenas criaturas como se fosen ratos de laboratorio, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o frívolo affaire. Non debiamos dicilo, mais todos estes asuntos, acaban por confluír nun crime. Por causa da moi daniña influencia do cinema. Porque do que se come, criase.

Autor: Rubem Fonseca
Direccion e adaptacion: Quico Cadaval
Intérpretes: Víctor Mosqueira, María Costas, Mon Orencio e Marcos Viéitez
Escenografía: Ana Seoane
Música e deseño son: Mon Orencio
Deseño iluminación: Octavio Mas
Vestiario: Uxía Vaello

Web: excentricas.net

Club C!

#POSFUNCION ao remate da función o 28 de febreiro. Os/as convidados/as, persoas con relación coas temáticas tratadas nas pezas, ofrecerán o punto de vista práctico, serán quen contraste o que a obra conta, o que “quere dicir” con como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.

Duración: 
90'
Información da billeteira: 

12 € (descontos habituais do 50%)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

 

Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Mércores, 27 Febreiro, 2019
20:30
Teatro Principal
Xoves, 28 Febreiro, 2019
20:30
Teatro Principal
Venres, 1 Marzo, 2019
20:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural