CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
CAROL (2015)
Todd Haynes
Reino Unido, Estados Unidos / 118 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Cate Blanchett, Rooney Mara, Sarah Paulson
Ficha técnica:
Guión: Phyllis Nagy. Baseado na novela de Patricia Highsmith
Fotografía: Edward Lachman
Edición: Affonso Gonçalves
Produción: Dorothy Berwin, Gwen Bialic, Cate Blanchett, Robert Jolliffe, Elizabeth Karlsen, Danny Perkins, Tessa Ross, Thorsten Schumacher, Andrew Upton, Christine Vachon, Bob Weinstein, Harvey Weinstein, Stephen Woolley
Sinopse:
Nova York, anos cincuenta. Therese Belivet, unha moza dependenta dunha tenda de Manhattan que soña cunha vida mellor, coñece un día a Carol Aird, unha muller elegante e sofisticada atrapada nun matrimonio infeliz. Entre ambas as dúas xorde unha atracción inmediata, cada vez máis intensa e profunda, que cambiará as súas vidas para sempre.
Mellor Actriz (Rooney Mara) no Festival de Cannes 2015