CARO DIARIO

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C · CINEMA DE VERÁN

NUMAX (pantalla exterior)

CARO DIARIO

(Caro Diario, Nanni Moretti, 1993, 100 minutos, VOSE)
Con Nanni Moretti, Jennifer Beals, Renato Carpentieri, Giulio Base

O director e actor Nanni Moretti interprétase a si mesmo nun filme dividido en tres capítulos autobiográficos e que se encontra a medio camiño entre o diario filmado, a comedia e o ensaio cinematográfico. Mentres percorre Roma en vespa, visita illas italianas e afronta problemas de saúde, o director reflexiona con humor e ironía sobre a vida cotiá, o cinema, a política e as relacións humanas.

Obra mestra dun dos maiores cineastas europeos do noso tempo, proxectado en versión orixinal italiana con subtítulos ao español. A idade recomendada son 12 anos en adiante.

Duración: 
120 min (aprox)
Acceso: 
  • Acceso libre até esgotar prazas
  • Para público adulto
  • Lingua: proxección en VOSE. Presentacións e coloquio en galego

 

Info práctica: 
Mércores, 26 Agosto, 2026
21:45
Rúa Concepción Arenal