CARMINHO

DATOS BÁSICOS

A gran voz do fado e unha das artistas portuguesas con maior proxección internacional, Carminho, lanza o seu novo álbum: ‘Portuguesa’.

Filla da recoñecida cantante de fado Teresa Siqueira, Carminho naceu entre as guitarras e as voces do fado e debutou cantando en público aos doce anos, no Coliseu dos Recreios (Lisboa). Desde ben cedo tentárona a gravar álbums, mais decidiu esperar. ‘Fado’ foi o seu primeiro disco, no 2009, e despois del chegaron ‘Alma’ no 2012, ‘Canto’ no 2014, ‘Carminho canta Tom Jobim’ no 2016 para rematar con ‘María’, o seu quinto álbum.

En todo ese tempo, colaborou con artistas como Milton Nascimento, Chico Buarque, Nana Caymmi, Marisa Monte, Arnaldo Antunes, Maria Bethânia ou Pablo Alborán, tornándose na primeira artista portuguesa en chegar ao número 1 do top español. Pasou polas principais salas de Europa e do mundo e conquistou Brasil converténdose nunha das artistas portuguesas de máis renome, acadando un Globo de Ouro, entre outros moitos premios.

2023 é o ano de ‘Portuguesa’, un manifesto cultural asinado por Carminho que eleva aos mestres do Fado e que a coloca como unha artista incomparable pola súa voz, talento, composicións e perseveranza artística. Son 14 temas, varios con letra e música súa, entre outros autores. A compositora e intérprete asume tanto a produción do álbum como a composición de fados tradicionais orixinais. Con esta proposta dá continuidade a un traballo profundo como autora, intérprete, agregadora cultural e inspiración máxima dun Portugal contemporáneo.

Esta xira levaráa por Estados Unidos, Alemaña, Turquía, Bélxica, Noruega, Paíxes Baixos, Finlandia, Portugal… con paradas en Londres ou na Filarmónica de Berlín e, o 15 de abril, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 15 Abril, 2023
20:30
Auditorio de Galicia