CAPELLA SANCTA MARIA

DATOS BÁSICOS

CONCERTO INAUGURAL DE 'DE LUGARES E ÓRGANOS'
Sons no silencio. Músicas nos conventos femininos

Bea Lafont, voz e guitarra barroca
Lorena García, voz
Elena Roce, voz
Florencia Menconi, voz
Helder Rodrigues, sacabuxa
Paulo Cordeiro, sacabuxa
Enrique López-Cortón, órgano e dirección

O papel da muller na historia da arte en xeral, e da música en particular, continúa a ser aínda hoxe un campo pouco investigado, mais foron ámbitos nos que desenvolveu un importante labor. Existe un extenso repertorio creado especificamente ou adaptado para ser executado por mulleres no contexto da vida conventual. Capella Sancta Maria, un conxunto vocal dirixido polo coruñés Enrique López-Cortón, con base en Ámsterdam, composto por un cadro internacional de consagradas cantantes, explora, a través deste programa, a actividade musical que se desenvolvía intra muros, nestes cenobios, a miúdo de clausura, onde a música era practicamente a única forma de expresión artística. O repertorio está integrado, entre outras, por músicas procedentes de diferentes conventos femininos da Península (entre eles, San Blas de Lerma ou San Paio de Antealtares) compostas durante os séculos XVI e XVII, así como obras creadas ou adaptadas para o canto das relixiosas por autores como Morales ou Guerrero.

Entradas: 
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • De non se esgotaren, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar onde esta se celebre, desde unha hora antes do seu comezo.
As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.
Funcións: 
Venres, 31 Marzo, 2023
20:30
Igrexa de San Paio de Antealtares