CANDO AS POETAS DIALOGAN / UN RECITAL CONXUNTO ENTRE LUZ PICHEL E ELVIRA RIBEIRO

Zona C. Punto de información cultural
DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 2021

 

Cando as poetas dialogan 

Un recital conxunto entre Luz Pichel e Elvira Ribeiro.

 

Quen o probou sabe do luxo que é asistir ao diálogo entre dúas poetas. Atender os elos que as unen, xenealoxías, rozaduras e complicidades. Nun espazo íntimo, Luz Pichel e Elvira Ribeiro fannos partícipes da conversa a través das súas obras. A oportunidade de descifrar un territorio; presenciar o ritmo, o silencio, a cadencia, a oralidade compartida entre as poetas de Alén e Cequeril.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: XOVES 29 DE XULLO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Teléfono 981 542 462 (HORARIO DE AGOSTO: de martes a sábado, de 11 a 14 h)
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 18 Agosto, 2021
20:00
Zona C. Punto de información cultural