CAMINO A LA MECA

DATOS BÁSICOS

PENTACIÓN ESPECTÁCULOS 

Idade recomendada: >12 anos
Duración: 90 min 
Lingua: castelán

Unha muller maior, libre e inconformista, decide enfrontarse ás convencións sociais do seu tempo para defender a súa independencia, a súa creatividade e a súa propia maneira de entender a vida. Inspirada na figura real de Helen Martins, Camino a la Meca é unha conmovedora historia sobre a loita pola liberdade persoal, a valentía de ser diferente e a necesidade de atopar luz mesmo en tempos de escuridade.

Dirixida por Claudio Tolcachir e interpretada por Lola Herrera, Natalia Dicenta e Carlos Olalla, a obra ofrece un intenso retrato humano no que amizade, amor e rebeldía se entrelazan nun relato que convida a reflexionar sobre a autenticidade e o dereito a vivir segundo os propios desexos.

Unha das principais razóns que atopo para sumarme a un proxecto é saber, ou intuír, que será a oportunidade de coñecer e compartir experiencias con persoas que me conmovan para sempre. Fun moi afortunado na miña vida ao contar co agarimo e a complicidade de artistas inmensos. Fontes de inspiración.

Namoreime de Lola Herrera encontro tras encontro. Fascinado polo seu carisma, conmovido pola súa lucidez, alucinado pola súa curiosidade e polo seu desexo.

Tratábase entón de atopar un material que estivese á altura de semellante muller, que representase dalgún xeito todo aquilo do que ela desexaba falar. E eu con ela.

Camino a la Meca, de Athol Fugard, inspírase nunha muller real, Helen Martins, que se rebelou contra todos os estamentos da súa época. Un ser que persegue o desexo, a luz da inspiración que non corresponde a ningunha idade nin a ningunha xeración. Alguén que prefire as preguntas ás certezas, que valora a súa liberdade e a súa autonomía enfrontándose ao seu tempo e ao mundo que a rodea.

Ao lela escoitei a voz de Lola latexando en cada texto. Sen transcendencias, flota no aire a ansia de vivir con liberdade e de facelo intensamente.

Desexabamos conformar un elenco co que a viaxe fose enriquecedora e pracenteira, porque todos sentimos que esta será unha experiencia absolutamente transformadora.

Honrado e entusiasmado por este novo proxecto que creo que vai quedar na mente e nos corazóns de quen o facemos e en cada un dos espectadores que nos acompañen.

Claudio Tolcachir

 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

Entradas esgotadas!

Info práctica: 
Sábado, 13 Decembro, 2025
20:30
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

Tráiler "Camino a La Meca"