A 50 ANOS DO GOLPE DE CHILE A TRAVÉS DO CINEMA DE CARMEN CASTILLO.
CALLE SANTA FE (2007)
Carmen Castillo
Bélxica, Chile, Francia / 163 min / Documental / Español
Ficha técnica:
Guión: Carmen Castillo
Fotografía: Raphaël O’Byrne, Ned Burgess
Edición: Eva Feigeles
Produción: Sergio Gandara, Serge Lalou, Christine Perrier
Sinopse:
Rúa Santa Fe, nunha barriada de Santiago de Chile, 5 de outubro de 1974. Carmen Castillo sobrevive ao seu compañeiro Miguel Enríquez, dirixente do Movemento de Esquerda Revolucionaria (MIR polas súas siglas en español) e da resistencia contra a ditadura de Pinochet, que morre no asalto á súa casa por parte dos militares. É o punto de partida de Calle Santa Fe, unha viaxe ao presente deses barrios e á memoria dos vencidos, unha viaxe levada a cabo sen compracencia ou autoindulxencia ningunha. E cunha narrativa guiada polas seguintes preguntas: estes actos todos de resistencia pagaron a pena? Miguel morreu por nada?
Sección Un Certain Regard no Festival de Cannes 2007
Candidata á Caméra d'Or no Festival de Cannes 2007