A sétima edición do festival Alguén que respira! recupera polas mañás os cafés-faladoiro para facer do ambigú do Teatro Principal un espazo de diálogo e reflexión arredor da poesía. O venres 22 de marzo, Cristina Sánchez e Iván Pardo conversarán sobre 'O territorio como conflito).
CRISTINA SÁNCHEZ é licenciada en Periodismo pola Universidade Complutense de Madrid. Máster Comunicación e Conflitos armados da Universidade Complutense Madrid. Xornalista da Sección internacional de RNE desde 2009, correspondente en Oriente Medio con sede en Xerusalén durante 4 anos. Cubríu máis de vinte países, dende a Primavera Árabe en Túnez e Libia, pasando polas guerras de afganistán, Siria, Iraq, Gaza… Praza Maydan en Ucraína, o terremoto de Haití, a poboación de refuxiados en Grecia, Xordania ou os campamentos saharauis, ademais de ser unha voceira destacada do conflito de Gaza. Leva case dez anos á fronte do programa países en conflito na Radio 5. Foi Premio internacional de Xornalismo Cirilo Rodríguez 2018.
IVÁN PRADO é unha das figuras máis relevantes do clown en Galicia, cunha intensa actividade internacional e de acción en conflitos como o de Palestina, o Sáhara Occidental e Chiapas. Responsable da organización Pallasos en rebeldía, Prado é impulsor do Festiclown, de Cooperactiva e da compañía 7 Magníficos+ 1, para a que dirixiu distintas montaxes. É autor de libros de poemas como Palestina tiene nombre de mujer (2019).
>>> Programa do Alguén que respira!
>>> Todos os eventos do Alguén que respira!