CAÍDAS

DATOS BÁSICOS

REDRUM TEATRO

Idade recomendada: público adulto

Lingua: galego

Estrea · Posfunción o 22 de outubro

Caídas pon o foco sobre unha das institucións máis escuras e descoñecidas do franquismo: o Patronato de Protección de la Mujer (1941-1985). Baixo a dirección de Marián Bañobre, o espectáculo documenta a realidade de miles de mulleres que, sen teren cometido delito ningún, foron privadas de liberdade baixo o pretexto da súa protección e reeducación moral. Unha obra que nos convida a mirar de fronte ao noso pasado recente para entender as cicatrices do noso presente.

Duración: 
80 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, con discapacidade, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Xoves, 22 Outubro, 2026
20:00
Teatro Principal
Venres, 23 Outubro, 2026
20:00
Teatro Principal