Chega a Compostela 'Express' da compañía Faltan7, que vén de gañar o Premio Fetén 2019 ao Mellor Espectáculo de Rúa. Recomendado polas Comisiones Artísticas de La Red tamén obtivo, entre outros galardóns, o 1º Premio Circada Off 2018.
'Express' é un espectáculo fresco onde se combina o humor con diferentes disciplinas circenses, destacando os portes acrobáticos femininos, ademais de técnicas como o mástil chino, a báscula, as verticais, o clown e os equilibrios. Un espectáculo creado de xeito colectivo para sorprender e alucinar ao público.
SINOPSE
Na axencia de mensaxería 'Express' nada funciona como debería. Todo está patas arriba, incluso os seus traballadores. Os paquetes van e veñen entre acrobacias, equilibrios e malabares. O traballo non para. Os envíos voan tanto como os seus empregados e ademais están cheos de sorpresas que abraiarán a todos. O mellor é que vaias a velos porque... pode que teñas un correo para ti!
Idea orixinal e creación: Cía. Faltan7
Dirección: Miguel Muñoz
Intérpretes: Ina Gruener, Luca Sartor, Fifi Rossenblat, Mónica Suárez, Paula Garo, Naikel Blázquez, Moran Shoval e Libby Halliday.
XÉNERO: CIRCO - TEATRO
DURACIÓN: 60 MINUTOS
ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS