OS NÁUFRAGOS TEATRO
TEATRO
TEATRO PRINCIPAL
Idade recomendada: 3º a 6º Primaria
Duración: 45 min
Lingua: Galego
Bulebule é unha peza teatral da compañía coruñesa Os Náufragos teatro que aborda cuestións fundamentais da nosa sociedade: A igualdade de xénero, a presenza das mulleres nos oficios do mar, o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH) e o coidado do medio mariño. A obra mergúllanos no universo da súa protagonista, Candela, unha moza movida por unha enerxía incesante e unha curiosidade sen límites, que busca o seu lugar nun mundo que ás veces non a comprende nin a deixa ser. Acompáñaa o seu amigo Bruno, que vive nun faro e sente paixón por compoñer música. A través da súa historia, que acontece entre nasas, redes e salitre, o espectáculo convídanos a reflexionar sobre os estereotipos, as etiquetas e as barreiras invisibles que afectan a quen se afasta da norma.