CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
BOSQUE ARRIBA EN LA MONTAÑA (2026)
Sofía Bordenave
Arxentina / 91 min / Castelán
Ficha artística:
Lorena Cañuqueo, Mirta Ñancunao, Joaquín Rapoport
Ficha técnica:
Guión: Sofía Bordenave e Pablo Weber
Fotografía: Ezequiel Salinas
Edición: Pablo Weber
Produción: Sofía Bordenave, Clara Massot e Manuel Rapoport
Sinopse:
En 2017, Rafael Nahuel, un mozo mapuche, foi asasinado pola Prefectura Naval arxentina na Patagonia. A partir de documentos xudiciais e arquivos oficiais, Sofía Bordenave relaciona o crime coa historia de violencia estatal e desposuimento territorial do pobo mapuche, desde a chamada Conquista do Deserto, no século XIX. O bosque convértese así en testemuña da violencia e espazo de resistencia fronte aos relatos oficiais.
Sofía Bordenave é unha cineasta e avogada arxentina especializada en dereitos humanos. A súa filmografía inclúe o documental La suave noche (2018), codirixido, e Estrella roja (2022), recoñecido co Premio da Crítica Nova á Mellor Ópera Prima no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata. Actualmente finaliza a súa primeira longametraxe de ficción Todos los naufragios del mundo.