BOSQUE

DATOS BÁSICOS

MAMÁ CABRA E AURORA ARTES ESCÉNICAS

Idade recomendada:a partir de 3 anos
Duración: 50 min 
Lingua: galego

A Tropa C no patio de butacas

Bosque é un espectáculo musical no que a natureza ofrece un concerto, unha fábula na que os animais e as plantas dun recuncho da terra expresan a sabedoría ancestral a través do seu día a día. Música e teatro para reivindicar a necesidade de coidar os pequenos lugares naturais que cadaquén ten ao seu carón.

Bosque nace da colaboración entre Aurora Artes Escénicas, compañía creada por Laura Sarasola en 2023, e Mamá Cabra, grupo pioneiro na creación de música e espectáculos para público infantil. Esta cooperación leva ao palco teatro, música e creación escénica nunha proposta pensada para compartir en familia e escoitar, tamén, o que o bosque ten que contarnos. 
 


 

 

Duración: 
50 min (aprox)
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do seu comezo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Domingo, 16 Maio, 2027
18:00
Auditorio de Galicia