BOORMAN AND THE DEVIL / BOORMAN E O DIAÑO + THE EXORCIST II: THE HERETIC / O EXORCISTA II: O HEREXE

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

DOCS CINEUROPA / FANTASTIQUE COMPOSTELA / MARATÓN

PASE DOBRE: 

BOORMAN AND THE DEVIL / BOORMAN E O DIAÑO (2025) + 
THE EXORCIST II: THE HERETIC / O EXORCISTA II: O HEREXE (1977)

BOORMAN AND THE DEVIL / BOORMAN E O DIAÑO (2025)

David Kittredge

Estados Unidos / 112 min / Documental / Inglés

Ficha artística:

John Boorman, Linda Blair, Louise Fletcher, Rospo Pallenberg, Karyn Kusama, Mike Flanagan, Joe Dante, Bilge Ebiri, Stephanie Zackarek, Simon Abrams, Jim Hemphill

Ficha técnica:

Guión: David Kittredge

Fotografía: Seamus Deasy, Ed Herrera, Alan Jacobsen, Elle Schneider

Edición: David Kittredge

Produción: Jim Fall, David Kittredge, Alan Koenigsberg, Travis Stevens

Sinopse:

Tras o éxito de Point Blank e Deliverance, a Warner Bros ofreceulle a John Boorman a oportunidade da súa vida: dirixir a secuela d’O exorcista, o fenómeno cinematográfico de William Friedkin de 1973. O resultado foi un dos maiores desastres da historia do cinema, un fracaso crítico e comercial que transformou a industria de Hollywood e estivo a piques de rematar coa carreira do director. O documental revisita aquel episodio a través das voces de Boorman, Linda Blair, Louise Fletcher, Karyn Kusama, Mike Flanagan e outros creadores, que reflexionan sobre a ambición do proxecto, a súa audacia formal e o valor de asumir grandes riscos artísticos.

David Kittredge é director, guionista, editor e produtor cunha sólida traxectoria no cinema de xénero e a cultura LGTBIQ+. Foi montador de 54: the director’s cut (2015), presentada no Festival de Berlín, e escribiu, dirixiu e coproduciu o seu primeiro filme, Pornography: a thriller (2009). Foi produtor executivo da serie Queer for fear: the history of queer horror (2022), candidata aos Premios Emmy. 

 

THE EXORCIST II: THE HERETIC / O EXORCISTA II: O HEREXE (1977)

John Boorman

Estados Unidos  / 117 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

Linda Blair, Richard Burton, Louise Fletcher, Max von Sydow

Ficha técnica:

Guión: William Goodhart

Fotografía: William A. Fraker

Edición: Tom Priestley

Produción: John Boorman, Richard Lederer, Charles Orme

Sinopse:

Anos despois dos acontecementos d’O exorcista, esta nova entrega segue o padre Philip Lamont, enviado polo Vaticano para investigar a misteriosa morte de Merrin, o sacerdote que expulsou o demo do corpo da nena Regan. Agora adolescente, Regan parece recuperada, pero aínda arrastra lembranzas e forzas ocultas que desafían toda explicación racional.

 

Duración: 
229 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo.
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 16 Novembro, 2025
20:30
NUMAX
MULTIMEDIA