BONOS CINEUROPA 2026

DATOS BÁSICOS

BONO CINEUROPA 2026

Canto custa o bono?

O bono ten un prezo de 30 euros e podes canxealo por 10 entradas.

É persoal? Ten límite de compra?

Non hai límite de compra e non é persoal. É dicir, podes mercar as 10 entradas para un mesmo filme e nunha mesma compra.

Onde o merco?

No despacho de billetes da Zona C (no Preguntoiro, 1), no do Teatro Principal ou nesta web.

Como merco o meu abono por internet?

Para mercalo por internet primeiro tes que estar rexistrada nesta web, algo que podes facer aquí. Unha vez rexistrada, entras co teu email e contrasinal e podes mercar o abono no enlace que aparece neste evento arriba á dereita e que pon MERCAR.

Cando o merques chegarache un correo electrónico co abono en pdf por se queres usalo nalgunha compra física na billeteira.

Se o queres usar para mercar as túas entradas por internet, abonda con que navegues pola web con normalidade e cando selecciones a película para a que queres mercar entrada elixas como forma de pago o Bono. Xa che irá descontando as películas ata gastalo.

Cada vez que canxees o bono, chegarache ao mail a entrada ou entradas correspondentes. Ademais, no teu perfil terás todos os teus movementos e bonos activos para coñecer que saldo che queda.

Teño que ensinar o bono na entrada da sala?

Non, non fai falta. O que tes que ensinar é a entrada do filme correspondente (impresa ou ensinándoa no teu dispositivo electrónico).

Podo usar o bono mercado por internet nas billeteiras?

Si, sen problema. Abonda con que leves impreso o bono que che faremos chegar ao teu mail ou simplemente con que nolo ensines no teu dispositivo electrónico.

Podo canxear o bono mercado na billeteira por internet?

Non. Iso non é posible porque ese bono é anónimo e polo tanto non está unido a ningún usuario da web. Ese bono só se poderá canxear nas billeteiras.

En que billeteiras o podo canxear?

Nas da Zona C e o Teatro Principal para os filmes de todas as salas do festival. Nas do Auditorio de Galicia, NUMAX  para os filmes desa sala.

Se compro un bono físico, podo canxealo por entradas na web?

Non, se compras o bono de forma presencial na Zona C, só poderás canxealo por entradas nos despacho de billetes. 

Ter bono garante o acceso a todos os filmes?

A adquisición dun bono de Cineuropa non garante a dispoñibilidade de localidades para ningunha proxección concreta. O bono permite canxear entradas para as sesións incluídas nesta modalidade, sempre en función da capacidade dispoñible no momento de realizar o canxe.

Para garantir o acceso ás proxeccións desexadas, recomendamos realizar o canxe dos bonos por entradas coa maior antelación posible.

Cómpre lembrar que o bono por si só non permite acceder ás salas, polo que é imprescindible dispoñer da entrada correspondente a cada sesión.

 

Acceso: 

INFO XERAL ENTRADAS CINEUROPA

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Info práctica: 
Mércores, 4 Novembro, 2026
11:00
Zona C. Punto de información cultural
Domingo, 22 Novembro, 2026
Zona C. Punto de información cultural