BOG NEĆE POMOĆI / GOD WILL NOT HELP / DEUS NON AXUDARÁ

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE

BOG NEĆE POMOĆI / GOD WILL NOT HELP / DEUS NON AXUDARÁ (2025)

Hana Jušić

Croacia, Italia, Romanía, Grecia, Francia, Eslovenia / 137 min / Ficción / Castelán, croata

Ficha artística:

Manuela Martelli, Ana Marija Veselčić, Filip Đurić, Mauro Ercegović Gracin, Nikša Butijer

Ficha técnica:

Guión: Hana Jusic

Fotografía: Jana Plećaš

Edición: Jan Klemsche

Produción: Diana Caravia, Didar Domehri, Ankica Juric Tilic, Ales Pavlin, Hrvoje Pervan, Stefano Sardo, Ada Solomon, Marija Stojanovic, Andrej Stritof, Yorgos Tsourgiannis, Ines Vasiljevic

Sinopse:

A comezos do século XX, Teresa, unha muller chilena, chega a unha remota comunidade de pastores no interior de Dalmacia, afirmando ser a viúva dun irmán emigrado. A súa presenza altera o equilibrio dun mundo regrado e illado, xerando desconfianza e inquedanza, pero tamén unha inesperada inspiración entre as mulleres.

Hana Jušić é unha directora e guionista croata coñecida polo seu enfoque realista e introspectivo. Escribiu e dirixiu varias curtametraxes antes de debutar na longametraxe con Quit staring at my plate (2016), galardoada con máis de trinta premios internacionais. Como guionista, destacou tamén coa serie The last socialist artefact (2021), gañadora do Premio á Mellor Serie en Series Mania e posteriormente emitida por ARTE e Filmin. O seu cinema explora con lucidez as dinámicas familiares, a clase social e as contradicións da identidade contemporánea.

 

Leopardo á Mellor Interpretación (Manuela Martelli, Ana Marija Veselčić) no Festival de Locarno 2025

Premio Especial pola Promoción da Igualdade de Xénero no Festival de Sarajevo 2025

 

Duración: 
137 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 16 Novembro, 2025
15:45
Salón Teatro
Martes, 18 Novembro, 2025
15:45
NUMAX
MULTIMEDIA

GOD WILL NOT HELP dir. Hana Jušić (International Trailer)