AS BOAS MANEIRAS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

CINEUROPA 40 ANOS

AS BOAS MANEIRAS (2017)

Juliana Rojas e Marco Dutra

Brasil / 135 min / Portugués

Ficha artística:

Isabél Zuaa, Marjorie Estiano, Miguel Lobo, Cida Moreira, Andrea Marquee

Ficha técnica:

Guión: Marco Dutra e Juliana Rojas

Fotografía: Rui Poças

Edición: Caetano Gotardo

Produción: Frédéric Corvez, Clément Duboin, Sara Silveira, Maria Ionescu e José Alvarenga Jr.

Sinopse:

Clara, unha enfermeira que vive na periferia de São Paulo, é contratada por Ana, unha muller rica e embarazada, para coidar dela e do seu futuro fillo. A pesar das súas diferenzas sociais, as dúas mulleres establecen unha relación cada vez máis estreita. Porén, o comportamento estraño de Ana e a súa fame insaciable anuncian un acontecemento que cambiará as súas vidas. Unha fábula que mestura terror fantástico, amor materno e desigualdade social.

 

PREMIO JOSÉ LUIS GUARNER DA CRÍTICA NO FESTIVAL DE SITGES 2017

PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL DE LOCARNO 2017

 

Duración: 
135 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal


ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Domingo, 15 Novembro, 2026
15:30
Salón Teatro
MULTIMEDIA