BMSC_DESEÑOS NEOIORQUINOS

DATOS BÁSICOS

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

David Fiuza, director

SONARTE

DECEMBRO, A ARQUITECTURA

Onde o río Hudson se funde co océano Atlántico, sentimos a arquitectura sonora dos deseños neoiorquinos. Observando o “Skyline” que debuxan os rañaceos, co barullo urbano de Times Square, e seducidos pola estética da cidade (neo)gótica [Gotham]. Chegando a Manhattan polo río, comeza o deleite urbanístico na tranquilidade de Central Park, na música jazz do barrio de Harlem, na alegría da avenida de Broadway, ou no colosalismo do Rockefeller Building.

 

PROGRAMA

 

Johan de Meij:

SYMPHONY No.2: “THE BIG APPLE”

 

Serge Lancen:

MANHATTAN SYMPHONY

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

RETIRADA DE ENTRADAS:

  • EN LIÑA 
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
Funcións: 
Venres, 23 Decembro, 2022
20:00
Auditorio de Galicia