BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
David Fiuza director
SONARTE
NOVEMBRO, O CINE
Un século pasou dende que se alcanzou a máxima perfección estética no cine mudo, desembocando nunha ardua transición, que daría cabida á palabra do cine sonoro. A música sempre foi o elemento que formou parte nesta dicotomía do sétimo arte, aportando unha insubstituíble e potencial expresión ó desenvolvemento da acción.
PROGRAMA
Martin Ellerby:
A SILENT MOVIE SUITE
Serguei Prokofiev:
LIEUTENANT KIJÉ -suite op.60-
Antón Alcalde:
THE PAWNSHOP de CHARLES CHAPLIN
(Coa proxección do filme)