BMSC_AS MIL E UNHA MELODÍAS

DATOS BÁSICOS

Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela

Director: David Fiuza

Temporada 22/23 SONARTE: Abril, a Literatura

 

“As mil e unha melodías”

Había unha vez, unha sabedora e inspiradora voz,

que convertía as súas ensinanzas e reflexión en palabras,

que transformaba as súas palabras e pensamentos en relatos,

que tornaba os seus relatos en alegres e engaiolantes asubíos,

que mudaba os seus asubíos en fermosas melodías de maxia infantil.

Foron mil e unha noites, nas que Scheherezade nos cautivou, coa fantasía da imaxinación.

 

PROGRAMA

Maurice Ravel: MA MÈRE L’OYE (suite)

Nikolai Rimsky-Korsakov: SCHEHEREZADE

 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

RETIRADA DE ENTRADAS:

  • EN LIÑA 
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Convite válido ata 10 minutos antes do comezo do espectáculo. Unha vez pasado o prazo a organización poderá utilizar as prazas non ocupadas.
Funcións: 
Domingo, 23 Abril, 2023
12:00
Teatro Principal