Temporada 2025/26: Escoita, sinte e desfruta
Concerto: Souvenir impressioniste
BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
David Fiuza (director)
PROGRAMA:
Claude Debussy: Petite Suite
André Caplet: Légende
Maurice Ravel: Ma mère, l’oye
Darius Milhaud: Le boeuf sur le toit
SINOPSE:
Selección ‘gourmet’ do repertorio impresionista francés, con transcricións feitas ‘ad hoc’ para a Banda Municipal de Santiago de Compostela polo seu director titular. A sonoridade da banda preséntase neste programa como unha opción flexible e de grande riqueza tímbrica para amosar todas as cores de son imaxinadas nesta corrente de simbolismo.