Temporada 2025/26: Escoita, sinte e desfruta
Concerto: Introspección
BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
David Fiuza (director)
Adrián Silva Magdalena (solista frautín)
PROGRAMA
José Bugallo: Piccolo Concerto
Antonin Dvorak: Danzas Eslavas op.46 (Nos. 1-8)
SINOPSE
A música como potencial comunicativo do interior humano: o programa é unha viaxe reflexiva ó mundo mais íntimo do ser humano, procurando as raíces e o coñecemento interno. O concerto para frautín de Bugallo é unha das obras mais íntimas que condensa un mundo emocional inmenso. Por outra parte, o contacto co folclore é un dos signos mais identitarios que os compositores teñen inherentes á súa creación, como é o caso da primeira serie das Danzas Eslavas que Dvorak escribe para piano, resultando unha forte catarse nacionalista.