BMSC · DENDE O ÓRGANO

DATOS BÁSICOS

Temporada 2025/26: Escoita, sinte e desfruta

Concerto: Dende o órgano

BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

XI CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS

David Fiuza (director)

 

PROGRAMA

Johan Sebastian Bach: Toccata und Fuge D-moll

Charles-Marie Widor: Symphonie IV pour orgue

Julio Gómez: Maese Pérez, el organista

Philip Sparke: Symphonic Metamorphosis (on Camile Saint-Saëns “Organ Symphony”)

 

SINOPSE:

Os rexistros do órgano a través dos tubos da banda é a idea que inspira este concerto, no que se pon de manifesto o paralelismo entre o gran instrumento de tubos e a grande orquestra de ventos. Neste caso, o repertorio configúrase cunha combinación de obras orixinais para órgano transcritas e adaptadas para banda, con outras perspectivas de achegamento directo ó universo deste rico instrumento.

O concerto abre coa sonoridade do órgano barroco interpretando a famosa obra de Bach, para contrastar coa amplitude tímbrica do órgano romántico francés e o seu apoxeo a finais do s.XX a través da transcrición dunha das 10 sinfonías para órgano de Widor. Continúa o programa en torno ó instrumento homenaxeado pero dende unha perspectiva diferente: a obra de Julio Gómez é un poema sinfónico inspirado na obra literaria homónima de Becquer, que reflicte con música a vida dun organista que falece tocando. Péchase o programa coa obra de Sparke, sendo unha fantasía que desenvolve as pasaxes mais coñecidas da terceira sinfonía de Saint-Saëns “Órgano”.

 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • DE BALDE PREVIA RETIRADA DE LOCALIDADES

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Convite válido ata 10 minutos antes do comezo do espectáculo. Unha vez pasado o prazo a organización poderá utilizar as prazas non ocupadas.
  • Máximo dúas por persoa
Info práctica: 
Sábado, 28 Marzo, 2026
20:00
Igrexa de San Domingos de Bonaval