CONTEMPORÁNEAS 2026 · 2027
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
David Fiuza, director
PROGRAMA
Magdalena Argibay (1991) Tomeza* (2026)
Luis Serrapio (1992) Choiva das Cíes (2025)
León Durán (2002) Un rapaz da aldea* (2026)
*Estrea absoluta
A terra habitada, a luz, a choiva, as historias ou os nomes dos lugares permanecen na creación artística como unha resonancia que nunca deixa de estar presente. Esta proposta nace dese vínculo profundo con Galicia, non como evocación nostálxica, senón como territorio vivo desde o que pensar e crear no presente ofrecendo unha mostra da vitalidade e diversidade da nova música galega. Abre o programa Tomeza, de Magdalena Argibay, unha das voces femininas da creación musical galega actual. Choiva das Cíes de Luis Serrapio evoca unha paisaxe fondamente ligada a Galicia: o Atlántico, as illas, a choiva e esa natureza cambiante que tantas veces é fonte de inspiración. Pecha o programa Un rapaz da aldea, de León Durán, unha obra que dialoga coa memoria e coa literatura de Xosé Neira Vilas, a quen se dedica o Día das Letras Galegas de 2027, e en particular con Memorias dun neno labrego. Tres obras e visións actuais que invitan a reflexionar sobre a nosa identidade, a paisaxe e o feito de vivir e compoñer desde Galicia.