Temporada 2025/26: Escoita, sinte e desfruta
Concerto: O universo do pasodoble
BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
David Fiuza (director)
PROGRAMA:
Antonio Álvarez: Suspiros de España
Alfredo Javaloyes: El Abanico
Reveriano Soutullo: Puenteareas
J.Quintero & J.Fernández: En er Mundo
Pedro Sosa: Lo Cant del Valencià
Federico Chueca: Agua, azucarillos y aguardiente
Manuel Penella: El Gato Montés
José Franco: Agüero
Amando Blanquer: Musical Apolo
José Bugallo: Loanza
Juan Lois: Mar e Sal
Bart Picqueur: El batallón de los zapatos rotos
Antón Alcalde: Prost!
SINOPSE:
É indiscutible a relación do xénero do pasodoble coa historia do repertorio de banda. Neste concerto propoñemos unha ampla escolma dentro dun espectro histórico de 130 anos, nos que se pretende ilustrar a visión tan poliédrica dunha danza tan recoñecida e estereotipada. Dende a influencia dos diversos folclores, pasando pola orixe militar, a inserción na ópera e zarzuela, a estilización sinfónica de concerto, así como a visión extranxeira ou a fusión con outras músicas.