BMSC·NON CHORES, SABELIÑA

DATOS BÁSICOS

 

 

Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela

Amigos da Ópera de Santiago

Coro Liceo de Vilagarcía

Temporada 2025/26

“...”

Ciclo de outono

Concerto, domingo 19 de outubro de 2025, ás 20:00 h, Auditorio de Galicia

Soprano: Emilia Pérez, Mezzosoprano: Josefa Dorado

Tenor: Victor Bóveda, Barítono: Lucas López

Directora Coro: Josefa Dorado, Dirección escénica: José Álvarez

Director: Casiano Mouriño

 

“Non chores, Sabeliña”

Argumento: Non chores, Sabeliña, achéganos cun sorriso e unha pinga de morriña, ao vello —e sempre novo— conto dos amores de mocedade. A protagonista sofre polos quereres, mais pronto verá que o verdadeiro amor sempre atopa o seu camiño. Con humor retranqueiro, fonda imaxinación, fe sinxela e ese carácter nobre e varil tan propio do noso rural, esta historia fala da vida nas aldeas, onde rir, chorar e amar son parte do mesmo camiño.

PROGRAMA

Gustavo FREIRE (1885-1948) / Letra: José Trapero / Trans. Casiano Mouriño

“NON CHORES, SABELIÑA” Zarzuela galega en tres actos (1942)

 

Acto Primeiro

Preludio

Nº 1. Coro de vendedoras

Nº 2. Duetto cómico de Luisa e Xastrico

Nº 3. Final

 

Acto segundo

Preludio

Nº 4. Duetto cómico de Luisa e Xastrico

Nº 5. Alalá

Nº 6. Dúo de Sabela e Xosé (Pra que preguntas?)

Coro interno

Nº 7. Romanza de Sabela (Naiciña dos Ollos Grandes)

Recitado de Xosé

Final

 

Acto terceiro

Preludio

Nº 8. Escena do Cruceiro

Nº 9. Romanza de Xosé (Non podo vivir cos celos)

Nº 10. Final (Sabeliña xa non chora)

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • DE BALDE PREVIA RETIRADA DE LOCALIDADES

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Convite válido ata 10 minutos antes do comezo do espectáculo. Unha vez pasado o prazo a organización poderá utilizar as prazas non ocupadas.
  • Máximo dúas por persoa
Info práctica: 
Domingo, 19 Outubro, 2025
20:00
Auditorio de Galicia