BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
SALA MOZART. AUDITORIO DE GALICIA
Idade recomendada: 3º, 4º, 5º e 6º Primaria
Duración: 60 min
Lingua: Galego
O Concerto Músico Máxico é un espectáculo didáctico e participativo no que a banda de música e o ilusionista Quiquemago convidan ao público a descubrir como a música e a maxia camiñan da man.
Ofrece unha viaxe divertida por estilos e conceptos musicais como as dinámicas, o papel da dirección, a estrutura de tema e variacións, fragmentos da ópera A frauta máxica de Mozart, e música de Tchaikovsky, Grieg, Berlioz, folclore, jazz e bandas sonoras.