Temporada 2026/27: VIÑETAS
Concerto: Breve historia da música clásica
BANDA MUNICIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Casiano Mouriño Maquieira (subdirector)
Fran Rei & Félix Rodríguez (actores)
PROGRAMA:
Pódese resumir a historia da música clásica, desde o século XV ata a actualidade, en cincuenta minutos? Seguramente non, pero Fran Rei e Félix Rodríguez, en colaboración coa Banda de Música Municipal de Santiago vano intentar.
En Breve Historia da Música Clásica temos unha visión satírica, chea de retranca, dos grandes nomes da música e escoitamos algunha das súas composicións da man da Banda de Música Municipal de Santiago.
Que é a escala temperada? Cando e por que se inventou a barra de compás? Onde se estreou a primeira ópera? Canto ocupaba o libro de familia de Bach? Facíase Beethoven o xordo? Estas e moitas outras máis son as preguntas que Fran Rei e Félix Rodríguez tentarán respostar dun xeito ameno, sinxelo e moi divertido.
Ao longo desta historia escoitaremos...
- Danza du sabre (A. Khatchaturian)
- Toccata e fuga en Re m, BWY 565 (J. S. Bach)
- Der Messias (G. F. Haendel), Aleluia
- Las Bodas de Fígaro (W. A. Mozart), Abertura
- Quinta e Novena sinfonía (Beethoven)
- Marcha Nupcial (F. Mendelssohnn)
- Guillermo Tell (G. Rossini), Abertura
- La Boda de Luis Alonso (G. Giménez), Intermedio
- Danubio Azul (J. Strauss jr.)
- Poeta y Aldeano (F. von Suppé), Abertura
...e outras sorpresas....