BLOSSOM VALLEY / O VAL DAS FLORES

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

Dirección: László Csuja

Hungría / 2018 / Longametraxe / Ficción / Húngaro

Ficha artística

Réti László, Berényi Bianka, Kozma Károly, Kardos György, Kardos Róbert.

Ficha técnica

Guión: László Csuja, Gergő V. Nagy.
Fotografía: Gergely Vass.
Edición: Attila Csabai.
Produción: András Muhi, Gábor Ferenczy, Focusfox Studio.

Sinopse

Bianka, unha moza de vinte anos, atópase á deriva nos suburbios sen ningún propósito particular. De repente, sofre o impulso repentino de roubar un bebé, pero agora ten que lle atopar un pai e un fogar. Ningún dos seus ex-noivos está disposto a botar unha man, pero Laci, un mozo de 21 anos que ten unha discapacidade mental e vive nun albergue para traballadores, si está feliz de axudar. Bianka ve esta situación como un xogo emocionante, pero Laci comeza sentir amor por ela e polo bebé e fará todo o posible para garantir unha vida familiar feliz.

Premios

  • Premio especial do xurado da sección East of the West no Karlovy Vary International Film Festival 2018.
  • Premio do xurado da crítica no Palic International Film Festival 2018.
Duración: 
83 min
Información da billeteira: 

VENTA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • No Teatro Principal (de 15.30 a 22 h) para todas as proxeccións
  • En NUMAX (de 10 a 14 h e de 16 a 22 h) e en Multicines Compostela (de 16.40 a 22 h) para as proxeccións da propia sala.

VENTA INMEDIATA:

Ata 5 minutos antes do inicio de cada sesión.

  • No Teatro Principal, para as proxeccións de Teatro Principal, Salón Teatro, e Museo das Peregrinacións.
  • En Multicines Compostela e en NUMAX para as proxeccións da propia sala.

PREZO:

  • 4 euros
  • Abono 10 películas: 30 euros
Funcións: 
Sábado, 10 Novembro, 2018
21:45
Multicines Compostela
Martes, 13 Novembro, 2018
18:00
Salón Teatro

UBICACIÓN