Dirección: Josef von Sternberg
Estados Unidos / 1932 / Longametraxe / Ficción / Inglés, Alemán, Francés
Ficha artística
Marlene Dietrich, Herbert Marshall, Cary Grant, Dickie Moore, Gene Morgan, Rita La Roy.
Ficha técnica
Guión: Jules Furthman, S.K. Lauren.
Fotografía: Bert Glennon.
Música: W. Franke Harling, John Leipold, Paul Marquardt, Oscar Potoker.
Produción: Paramount Pictures.
Sinopse
Helen é unha cantante de cabaré que decide abandonar a súa profesión para contraer matrimonio con Edward Faraday, un científico entregado ao seu traballo cuxa situación económica non é moi boiante. Durante unha viaxe a Alemaña, Edward contrae unha grave enfermidade, debido ás súas investigacións, e vese obrigado a seguir un custoso tratamento. Para sufragar os gastos, Helen volve ao seu antigo traballo.