CINEUROPA
AS INMORTAIS DE HITCHCOCK
THE BIRDS / OS PAXAROS (1963)
Alfred Hitchcock
Estados Unidos / 119 min / Terror / Inglés
Ficha artística:
Tippi Hedren, Rod Taylor, Jessica Tandy, Suzanne Pleshette, Veronica Cartwright
Ficha técnica:
Guión: Evan Hunter. Baseado no relato homónimo de Daphne du Maurier
Fotografía: Robert Burks
Edición: George Tomasini
Produción: Alfred Hitchcock
Sinopse:
Melanie Daniels, unha moza rica e snob da alta sociedade de San Francisco, coñece casualmente a Mitch Brenner nunha tenda de animais e decide seguilo ata Bodega Bay, onde vive coa súa familia. A súa chegada coincide cunha serie de ataques inexplicables de paxaros contra os habitantes da localidade. O que comeza como un incidente illado convértese nunha ameaza crecente que sementa o pánico e obriga os protagonistas a loitar pola supervivencia.
MELLOR ACTOR SECUNDARIO (ROD TAYLOR) NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 1963
MELLOR ACTRIZ REVELACIÓN (TIPPI HEDREN) NOS GLOBOS DE OURO 1964