CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
BIAN JING / BORDER (2026)
Ah Biao
Hong Kong, Estados Unidos, Corea do Sur / 78 min / Mandarín, mongol
Ficha artística:
Zheyan Li, Feng Qi, Sanming Han, Gang Zheng, Tao Guo
Ficha técnica:
Guión: Ah Biao
Fotografía: Ah Biao
Edición: Ah Biao, Hao Zhou e Xiaokai Ding
Produción: Jenny Man Wu, Tyler Hill, Hao Zhou, Jing Yang, Xue Ma e Yaohua Li
Sinopse:
Nunha explotación mineira do norte da China, preto da fronteira con Mongolia, un mineiro frustrado vive nunha contorna hostil, marcada polo illamento e a falta de perspectivas. A súa vida crúzase coa dunha misteriosa prostituta mongola, que se move entre as paisaxes grises cunha presenza que rompe a monotonía do lugar.
Ah Biao é un cineasta chinés afincado en Bangkok. Traballou durante unha década como director de fotografía antes de debutar na dirección de longametraxes con Bian jing. O seu cinema explora as emocións e as relacións humanas a través das imaxes, o espazo e o tempo, afastándose das estruturas narrativas convencionais.
PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2026