CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
AS BESTAS (2022)
Rodrigo Sorogoyen
España, Francia / 137 min / Ficción / Español, galego, francés
Ficha artística:
Marina Foïs, Denis Menochet, Luis Zahera, Diego Anido, Marie Colomb
Ficha técnica:
Guión: Isabel Peña, Rodrigo Sorogoyen
Fotografía: Álex de Pablo
Edición: Alberto del Campo
Produción: Eduardo Villanueva, Ibon Cormenzana, Ignasi Estapé
Sinopse:
Antoine e Olga, unha parella francesa, viven desde hai moito tempo nunha pequena aldea galega. Practican unha agricultura ecorresponsable e restauran casas abandonadas para facilitar a repoboación. Todo debería ser idílico, pero a súa oposición a un proxecto de parque eólico dá lugar a un gran conflito cos seus veciños. A tensión medrará ata chegar a un punto de non retorno.
Rodrigo Sorogoyen (Madrid). A súa primeira longa en solitario, Stockholm (2013), obtivo tres premios no Festival de Málaga e o Goya ao mellor actor revelación, entre outros galardóns. Con Que Dios nos perdone (2016) gañou o premio do xurado ao mellor guión en San Sebastián e o Goya ao mellor actor. Con El reino (2018) obtivo 7 premios Goya. Madre (2019) estreouse na sección Orizzonti do Festival de Venecia, onde Marta Nieto recibiu o premio á mellor actriz.
PRESENTACIÓN E COLOQUIO na sesión do xoves 10 en Multicines Compostela