BERENGUELA NA GAIOLA

DATOS BÁSICOS

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO · GALEATRO · XAROPE TULÚ · FIOT

Todo o mundo podía reclamar para si a condición de neno” (Manuel María)

Nunha residencia da terceira idade, tres persoas maiores, Berenguela, Aurora e Tomás, deciden representar a obra Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María. A través deste xogo teatral, recuperan a ilusión, a voz e a liberdade que a sociedade lles nega.

A proposta, chea de humor e crítica, establece un diálogo entre xeracións e reivindica o dereito a existir con dignidade en todas as etapas da vida. O teatro convértese aquí en ferramenta de rebelión e soño compartido, recuperando a forza do espírito do monte.

Premio Manuel María de Proxectos Teatrais 2024

 

Ficha Artística

Intérpretes: Alba Bermúdez, Atenea García, Tone Martínez

Espazo escénico: Nicolás Zamorano

Espazo sonoro: Xabi Bertolo

Deseño de iluminación: Nacho Martín

Caracterización: Lorena Calvo

Deseño gráfico, foto e vídeo: Sol Álvarez

Dramaturxia: Paula Carballeira e Manuel María

Dirección: Paula Carballeira

Duración: 
60 min (aprox.)
Acceso: 

Entradas á venda en ataquilla.com

Info práctica: 
Venres, 5 Decembro, 2025
18:00
Salón Teatro
Sábado, 6 Decembro, 2025
18:00
Salón Teatro
Domingo, 7 Decembro, 2025
18:00
Salón Teatro