BEGINNING (2020)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN EUROPEA / NOVOS REALIZADORES

MER 11, 20:00 | TEATRO PRINCIPAL

DOM 15, 20:00 | NUMAX

 

Dea Kulumbegashvili

Francia, Xeorxia / 125 min. / Ficción / Xeorxiano

 

Ficha artística:

Kakha Kintsurashvili, Rati Oneli, Ia Sukhitashvili

 

Ficha técnica:

Guión: Dea Kulumbegashvili, Rati Oneli

Fotografía: Arseni Khachaturan

Edición: Matthieu Taponier
Produción: First Picture, O.F.A.

(Office of Film Architecture)

2020: Cuncha de ouro á mellor película, cuncha de prata á mellor dirección, cuncha de prata para a mellor actriz e premio do xurado ao mellor guión no Festival de San Sebastián.

 

Nunha tranquila vila de provincias, unha comunidade de Testemuñas de Xehová é atacada por un grupo extremista. En pleno conflito, o mundo de Yana, a esposa do líder da comunidade, desfaise lentamente. A insatisfacción interior de Yana medra mentres loita por atopar sentido aos seus desexos.

 

Dea Kulumbegashvili

(Xeorxia, 1986)
Estuda dirección de cine na Universidad de Columbia. Dirixiu as curtas Invisible Spaces (2014), que competiu na Sección Oficial de curtas do Festival de Cannes, e Léthé (2016), co que volveu ao certame francés, esta vez dentro da Quinzaine des Réalisateurs. Dasatskisi é a súa primeira longametraxe e formaba parte da selección oficial do Festival de Cannes 2020, que foi cancelado pola covid-19.

Co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea, proxecto Wom@rts.

 

 

Duración: 
125 min
Entradas: 

 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 11 Novembro, 2020
20:00
Teatro Principal
Domingo, 15 Novembro, 2020
20:00
NUMAX